jueves, 26 de enero de 2017

LIBRO DA EIRUGA LARPEIRA.

Como xa somos maiores e coñecemos casi todas as letras maiúsculas,estamos a facer ao ditado todos os xoves unha parte do conto encadeado  da Eiruga larpeira,de Eric Carle.

miércoles, 25 de enero de 2017

 PROXECTO "MARABILLAS DO MUNDO".

Tal como xa vos contarían @s nen@s estamos a traballar neste trimestre o proxecto das sete Marabillas do mundo,unha viaxe polo mundo : A grande muralla chinesa,o Taj Mahal na India,o Coliseo de Roma,Chichen Itzá en México,Macchu Pichu en Perú,O Cristo Redentor en Río de Xaneiro,Petra en Xordania e en negociación entre Susana e Xoán ,as pirámides de Gizeh,que parece que wikipedia nos as considera como tal...
Para empezar fixemos un mapamundi para situalas.Volvemos coa pintura.
PRIMEIRA SESIÓN MUS-e DE TEATRO.

O venres tivemos a primeira sesión do Programa Mus-e da Fundación Yehudi Menuhin en colaboración coa Fundación Paideia e o AMPA do cole Ría do Burgo,do que xa vos informamos antes do Nadal.Ramiro ,o especialista de Teatro falounos do respecto a nós e aos demáis,fíxonos presentarnos e xogamos con él.Estamos ansiosos por continuar...
PLANTACIÓN DE AMORODOS NO INVERNADOIRO.

Aínda que estamos atarefados co Proxecto das "Marabillas do mundo",co Día da Paz e cos cadernos de grafo e mate,máis o libro da Eiruga Larpeira (xa vedes que empezamos con marcha...),aparte da mudanza temporal do recreo,tivemos tempo para ir plantar ao invernadoiro os amorodos que por suposto comeremos en primavera con algunha argallada de masterchef que se lles ocurrirá a Susana e Xoan.
CUMPLES DE ADRIÁN FERNANDEZ,GAEL HEVIA E MELANIE.

Retomamos o traballo neste 2017 e xa temos tres cumples : dous na clase de Susana e un na de Xoán.Felicidades aos tres.

Cumples de marzo.

 4 anos 5 anos Sabela da clase da profe Uxía e Elian,Daniela e Meghan da clase do profe Xoán.