jueves, 22 de diciembre de 2016

VISITA DE PAPÁ NOEL E DOS REIS MAGOS.

Esta semana veu o martes Papá Noel a visitarnos as clases e tróuxonos un pequeno agasallo a cada un. O mércores viñeron os Reis Magos ,en bicicleta e patíns! e recibímolos no polideportivo do cole cunha panxoliña para despois darlle as nosas cartas e facernos un selfie.Á volta ,na clase, dimos conta das lambetadas de Nadal.
Aproveitamos tamén para felicitar as Festas e desexárlles bó ano 2017 de parte de Susana e Xoán.
Grazas por todo.

lunes, 19 de diciembre de 2016

PEQUECHEF NAVIDEÑO.

Hoxe ,como xa rematamos coas fichas e as portadas, e esperamos ansiosos a Papá Noel,Os Reis Magos e as vacacións (por este orde),dedicámonos á  cociña,e non se nos ocurríu mellor cousa que facer polvoróns de almendra.Podedes ver o resultado...

Contos Familias Semana do Libro 2024

 Nai e padriño de Juan de 5 anos B.