jueves, 22 de diciembre de 2016

VISITA DE PAPÁ NOEL E DOS REIS MAGOS.

Esta semana veu o martes Papá Noel a visitarnos as clases e tróuxonos un pequeno agasallo a cada un. O mércores viñeron os Reis Magos ,en bicicleta e patíns! e recibímolos no polideportivo do cole cunha panxoliña para despois darlle as nosas cartas e facernos un selfie.Á volta ,na clase, dimos conta das lambetadas de Nadal.
Aproveitamos tamén para felicitar as Festas e desexárlles bó ano 2017 de parte de Susana e Xoán.
Grazas por todo.

lunes, 19 de diciembre de 2016

PEQUECHEF NAVIDEÑO.

Hoxe ,como xa rematamos coas fichas e as portadas, e esperamos ansiosos a Papá Noel,Os Reis Magos e as vacacións (por este orde),dedicámonos á  cociña,e non se nos ocurríu mellor cousa que facer polvoróns de almendra.Podedes ver o resultado...

viernes, 16 de diciembre de 2016

jueves, 15 de diciembre de 2016

FIN DO PROXECTO "O ESPACIO".

Esta semana estivemos moi atarefados preparando as portadas das fichas do Proxecto do Espacio,de Kandinsky  e da fichas dos contos e de preescritura.Xa sabedes que os libros de Números e de Vogais quedan na clase ata rematalos a finais de curso.
Aínda así, tivemos tempo para estudiar a rotación da Terra coa nosa sombra no patio de Primaria,escoitar máis contos dos maiores e,por suposto,facer excursións,que son a nosa especialidade este ano...


miércoles, 30 de noviembre de 2016

MOITO CONTO II !!

Seguimos cos contos dos nen@s de primaria na hora do Plan Lector.Agora tamén veñen os nen@s  de quinto da clase da profe Maribel.

jueves, 24 de noviembre de 2016

SAÍDA AO MAC. OBRADOIRO QUEN DIXO MEDO? II


A clase de Susana, hora e media máis tarde..
SAÍDA AO MAC.OBRADOIRO ¿QUEN DIXO MEDO?

Seguimos coas excursións...Hoxe fomos ao Museo de Arte Contempóraneo da Coruña,onde desenvolvemos oun obradoiro para perderen o medo a base de chocolate...nin que dicir ten que pasámolo de medo.
Para facer máis doado o visionado das fotos,facemos dúas entradas,unha para a clase de Susana e outra para a clase de Xoán.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

CUMPLE DE ÁLEX.

A aula do profe Xoán ,xa ten a todos os nenos con catro anos.Hoxe tocóulle a ÁLEX,o pequerrecho da clase.Felicidades,Álex.

domingo, 20 de noviembre de 2016

CUMPLE DE CARLOS.

Hoxe celebramos o cumple de Carlos,da clase de Xoán.Xa quedan poucos por cumpliren os catro anos!
Felicidades Carlos!!

miércoles, 16 de noviembre de 2016

MOITO CONTO I !!

Hoxe,tivemos ración doble de contos : antes do recreo,veu  a Dragona Ramona,a contacontos da Biblioteca Municipal de Culleredo a contarnos o conto "A aboa adormecida".Despois do recreo os nenos de cuarto de Primaria viñeron e contáronnos o conto "O traxe novo do rei".

lunes, 14 de noviembre de 2016

MAGUSTO 2016.

Hoxe,celebramos no cole,o Magosto,cunha novidade,veu un castañeiro a prepararnos as castañas,e as comimos todiñas!
Antes fixemos xogos co resto do cole,pero non dimos xogado a todo...

martes, 8 de noviembre de 2016

VISITA A CASA DAS CIENCIAS E PLANETARIO.

Hoxe,fomos  visitar o Planetario,onde vimos "A historia da estrela Fugaz" nunha pantalla de cine galáctica e chulísima,reflexada no teito da Casa das Ciencias.A verdade é que acabamos con tortícolis de mirar para arriba e con maniotas de tanto subir escaleiras.Pero onde o pasamos mellor foi cos experimentos.Podedes comprobalo...

miércoles, 2 de noviembre de 2016

CUMPLES DE LÍA E DANI.

Hoxe cumpliron 4 anos Dani,da clase de Susana,e Lía,da aula de Xoán.Felicidades aos dous.Xa quedan menos...

viernes, 28 de octubre de 2016

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN( III).

Hoxe ,por fin, celebramos o Samaín e lucimos os nosos disfraces,degustamos os postres terroríficos e fixemos a coreografía no patio de recreo cos nen@s de Primaria.Observade que fomos os únicos, que ao final tivemos que sentar.Chegounos ben!


jueves, 27 de octubre de 2016

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN (II)

Seguimos coa celebración do Samaín.Hoxe seguimos posando coas nosas cabazas e ensaiamos a coreografía da canción "Tumba por aquí,tumba por alá".

miércoles, 26 de octubre de 2016

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN (I)

Esta semana celebramos no cole o Samaín.Decoramos a clase e o andar de infantil,escoitamos un conto terrorífico co resto dos nen@s titulado "Atrapa ao monstruo" e posamos coas nosas cabazas...
CUMPLE DE YAGO .

E esta semana celebramos o cumple de Yago cunha tarta tan grande como todo o Sistema Solar!.Felicidades Yago!
CUMPLE DE ALMA.

A semana pasada celebramos o cumple de Alma,da clase de Susana.Xa ten 4 anos!!Parabéns!

lunes, 24 de octubre de 2016

CÍRCULOS CONCÉNTRICOS DE KANDINSKY.

Seguimos a estudiar a vida e a obra de Kandinsky.Esta semana tocóunos nas clases de Susana e Xoán ,o cadro Círculos concéntricos.

miércoles, 19 de octubre de 2016

SAÍDA A EXPOSICIÓN A CÁPSULA DO TEMPO NA FUNDACIÓN ABANCA.

O martes fomos as duas clases a exposición "Galicia 100.Obxectos para contar unha cultura",que para os nen@s denomínase "A cápsula do tempo". Despois de observar o museo con Laura tivemos un obradoiro con Ruth.

jueves, 13 de octubre de 2016

VENDIMA DE ALBANIÑO 2016.

Este ano xa non nos conformamos con facer mosto coa licuadora. Imos facer viño!Non para nós,evidentemente.
Coa axuda das clases de 5 anos,esmagamos coas mans e cos pés a nosa vendima  e agora toca esperar.
Por si as moscas,deixamos as tinas na casita...
KANDINSKY.

Xa sabemos como se chamaba o pintor que imos a estudiar neste trimestre,Vasily Kandinsky.Era ruso,tiña gafas,foi maestro,pintaba escoitando música,tivo unha noiva chamada Gabrielle,pero pintaba un pouco raro.
Nós fixemos con bases redondas de diferentes tamaños, o cadro "Algunos círculos".
MURAL DO ESPACIO.

Traballando co tema do Espacio,fixemos en cada clase un mural do Sistema Solar.Xa sabemos todos os planetas,incluido Plutón,o pobre o degradaron a categoría de planeta anano!
BIG BANG INFANTIL.

Como xa sabedes,estamos a estudiar neste trimestre O Espacio,e recreamos cun globo e plastilina o Big Bang.

COLLEITA DE TOMATES.

 A mediados de setembro fomos ao invernadoiro a ver como estaban os nosos amorodos.Non estaban.Os paxaros deron boa conta deles no verán, e nós, dos tomates cherry de primaria...
DEBUXO LIBRE.

Para non perder o costume,lembramos como se pintaba con témpera e pinceis.
E que imos a estudiar un pintor cun nome moi raro...
CUMPLES DE IRIA E BRYAN.

Este mes de setembro , celebramos na clase da profe Susana os cumples de Iria e Bryan.
Parabéns aos dous.
Xa quedan menos de tres anos!
VOLTA AO TRABALLO.

Volvemos de novo a publicar o que facemos nas aulas de 4 anos,xa que xa non somos os pequerrechos do cole.
Pedimos disculpas polo retraso en actualizar o blogue,pero hai tamén outras tarefas no cole que teñen máis urxencia.

martes, 21 de junio de 2016

EXCURSIÓN FIN DE CURSO UNIVERSIDADE LABORAL.

Penúltima entrada do blog neste curso.
A pesar do calor e o cansancio acumulado,como valientes que somos,fixemos unha saída ,tod@s @s nen@s de Educación Infantil do colexio,a Universidade Laboral,acompañados de Protección Civil.
Alí fixemos xogos e disfrutamos dunha merenda campestre.
Da volta non hai fotos...


lunes, 20 de junio de 2016

CUMPLES DE GAEL E BRAIS.

Dous días e remata o cole. Esta semana estamos cos derradeiros aniversarios ata setembro.Trátase de Gael e Brais da clase de Susana. Felicidades aos dous!

jueves, 16 de junio de 2016



LISTA DE MATERIAL PARA 4 ANOS CURSO 2016-17

LIBROS:

-         Matemáticas 2.Editorial Anaya.ISBN 978-84-678-1589-4.
-         Lectoescritura:Mis letras. Caderno 1.Editorial Santillana. ISBN 978-84-680-1130-1.
-         Libro de inglés.Start splash cb & songs cd pk.ISBN 9780194025140.

MATERIAL:

-         1 lapis staedler Noris HB 2.
-         1 caixa de ceras delgadas plastidecor(24 unidades).
-         1 paquete de DIN-A 4 (80 GR) de 500 folios para fotocopiadora.
-         1 carpeta de gomas de pasta dura.
-         1 paquete de toalliñas húmidas.
-         1 rollo de papel de cociña.
-         1 caixa de panos de papel.
-         1 gorra ou viseira co seu nome.
-         Mandilón de cadros laranxas e aberto por diante.
-         -Para inglés:1 carpeta plástica tamaño sobre(DIN A 5).

IMPORTANTE:

O MATERIAL TEN QUE VIR SEN NOME.POÑÉDELLE O NOME SÓ A BOLSA NA QUE O TRAEDES .
DÉBESE TRAER NA SEMANA DO 12 AO 16   DE SETEMBRO DO 2016.

miércoles, 15 de junio de 2016

CUMPLES DE JADEL E ANDREA.

Xa quedan nada máis que cinco días para rematar o cole.Xa rematamos co proxecto da prehistoria,de Miró e casi co libro de mates...pero aínda hai tempo para celebrar os cumples.Esta semana tocóulles a Jadel,da clase de Susana, e Andrea,da clase de Xoán.

Felicidades!


miércoles, 8 de junio de 2016

CUMPLE DE ALICIA E CANDELA.

En dúas semanas remata o curso,10 meses xa,e apuramos o traballo,aínda que máis relaxado,pero non os aniversarios.Hoxe tocou doblete,Alicia e Candela,as duas  mellizas dos profes Susana e Xoán.Parabéns as dúas!

jueves, 2 de junio de 2016

FACENDO FÓSILES.

Seguimos a estudiar os dinosaurios e a prehistoria.Hoxe fixemos un experimento para deixar as pegadas dos dinosaurios en masa de fariña con posos de café.

lunes, 30 de mayo de 2016

CUMPLE DE LAURA GONZÁLEZ.

Remata o mes de Maio e os nados neste mes.Hoxe celebramos o cumple de Laura González ,da clase do profe Xoán.Parabéns,Laura.


viernes, 27 de mayo de 2016

MAGDALENAS MASTERCHEF.

Hoxe,a pesares de que estamos moi cansos,tocou clase de cociña e @s nen@s  das clases de Susana e Xoán fixeron magdalenas...(con resultados desiguais)...aínda que non quedaron nin as migas.

jueves, 26 de mayo de 2016

miércoles, 25 de mayo de 2016

RECOLECCIÓN DOS AMORODOS DO INVERNADOIRO.

 Despois do recreo regresamos as clases e de camiño pasamos polo invernadoiro.Non podemos resistir ver o froito do noso traballo...ver e algo máis..
CELEBRACIÓN DO DIA DAS LETRAS GALEGAS II.

Con retraso,por mor da meteoroloxía primaveral,pero sin pausa,celebramos co resto do centro o Día das Letras Galegas.Nós cantamos a canción O burriño  dunha poesía de Manuel María  e atendimos moito as actuacións dos ne@s maiores.
CUMPLE DE VALENTINA.

Vaise acabando o curso ,pero aínda quedan cumples nos meses de maio.Esta semana tocóulle a Valentina,da clase do profe Xoán.Felicidades Valentina!

jueves, 12 de mayo de 2016

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS I.


Como estamos a celebrar o Día das Letras Galegas adicado este ano a Manuel María,hoxe tivemos no ximnasio do colexio a actuación de Pablo Díaz que nos cantou temas dos seus discos "Xente miúda" e "Tic,Tac".Moitas grazas,Pablo.

martes, 10 de mayo de 2016

PROXECTO MIRO  II.

Seguimos co proxecto de Miró.Esta semana tocou facer un mural inventado coas figuras e as cinco cores que empregaba Joan Miró.


domingo, 8 de mayo de 2016

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES.

Este venres aprendimos na visita ao Museo de Belas Artes da Coruña,moitas cousas sobre as pinturas e as esculturas.Sabemos o que é un retrato,unha paisaxe,un xigante...

jueves, 28 de abril de 2016

CUMPLE DE ALBA E PELAYO.

Para rematar o mes de abril,cumplen anos na clase de Susana, Alba e na clase de Xoán,Pelayo.
Moitas felicidades aos dous!
LECTURA DO QUIXOTE.

Para rematar a conmemoración do cuarto centenario de Cervantes,os nenos de sexto nos fixeron unha lectura do Quixote na biblioteca.Moitas grazas!

martes, 26 de abril de 2016

EXCURSION FUNDACIÓN ABANCA.

 Hoxe fomos as dúas clases a un obradoiro de arte chamado "Historias dun pincel que non sabía pintar" na Fundación Abanca na Coruña. Coa axuda da mascota Pintafontes e as monitoras Ruth e Laura,estivemos observando cadros e esculturas de Picasso,Miró,Kandinski... E tamén contribuimos coa nosa obra de arte musical.

lunes, 25 de abril de 2016

EXCURSIÓN BIBLIOTECA .

 Esta semana tocan excursións.Primeiro o luns a biblioteca do Fórum na Coruña os do profe Xoán,e o mércores os da profe Susana. Aproveitamos o bó tempo para dar una paseo e facer o recreo ...


jueves, 21 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO.
 Esta semana e a seguinte estamos a celebrar o Día do libro e o IV centenario da morte de Cervantes,polo que no colexio celebramos unha lectura colectiva na que os nenos maiores nos contaron un conto escollido por eles na hora do plan lector. A nós tocounos de narradores os nenos de sexto,das profes Charo e Maribel(e antiguos alumnos da profe Mila e Xoán...). Moitas grazas!

miércoles, 20 de abril de 2016

CONTACONTOS "O LOBO RIQUIÑO".

Hoxe tivemos antes do recreo unha sesión de contacontos ofertada pola editorial Anaya. O contacontos Iago,contounos o conto "O LOBO  RIQUIÑO".Non fai falta ver o ben que o contou e o atentos que estivemos.
PROXECTO MIRÓ.
Aparte do proxecto da prehistoria e das moitas actividades que imos facer antes de acabar o curso,tamén imos estudiar un artista chamado Joan Miró.Hoxe empezamos traballando o cadro "Cántico ao sol".Volvemos coas témperas...
CUMPLEANOS DE NATALIA E NOA.

Esta semana cumpliron anos Natalia da clase do profe Xoán e Noa da clase da profe Susana. Parabéns as dúas por facerse maiores!


miércoles, 13 de abril de 2016

CUMPLEANOS DE DANIELA.

Seguimos nestes dous meses cunha chea de cumpleanos. Hoxe tócalle a Daniela,da clase de Xoán.Tomamos unha tarta con lazo!Parabéns Daniela!

martes, 12 de abril de 2016

EXPERIMENTO VOLCÁNICO.
 Como xa sabedes estamos neste trimestre co proxecto dos volcáns,dinosaurios e a prehistoria.Hoxe experimentamos como se pode facer na clase un volcán ,con deterxente,vinagre,bicarbonato,colorante e axuda..Tivemos de invitados a clase da profe Pilar.Non houbo feridos..


CUMPLE DE EREA.

Este mes de abril temos moitos cumples.Esta semana tocóunos a tarta de Erea.Parabéns Erea!


PAPEL MACHÉ III.
Xa vedes que varias tareas lévannos máis dunha sesión,pero pagan a pena.Aí esta o resultado final de facer figuras de papel reciclado.
CUMPLE DE JON.

Con retraso,porque foi en marzo,pero aquí temos o cumple de outro na liga dos nen@s de 4 anos.

jueves, 7 de abril de 2016

CUMPLE DE MARCO.

Xa estamos en abril e temos máis nen@s que cumplen os catro anos.Hoxe tocóulle a Marco. Parabéns,Marco.

martes, 5 de abril de 2016

SEMILLEIROS DE CHÍCHAROS.

Non nos esquecemos do invernadoiro tampouco,polo que preparamos os semilleiros de chícharos na clase para transplantar  logo no invernadoiro.Agora toca esperar..
PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PASEO DA RÍA DO BURGO.

Como xa sabedes o colexio participa este ano no Proxecto Voz Natura,polo que todos os nen@s de infantil e primaria plantamos un castiñeiro por aula no  paseo da Ría do Burgo.Ata alí desplazámonos coa axuda da policía local e protección civil,aos que lles agradecemos a sua axuda porque atrevémonos a iren andando,no coche de San Fernando.

PAPEL MACHÉ II.

Recargadas as baterías nas vacacións,retomamos o traballo de aula.Como vos prometimos,seguimos elaborando figuras con papel de reciclaxe.
Continuará..

jueves, 17 de marzo de 2016

PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS NO COLEXIO E DE CHÍCHAROS PARA O INVERNADOIRO.

Hoxe,como xa estamos preparados para as vacacións,plantamos todos os nen@s de infantil,dous castiñeiros ao lado da casiña pra que lles den sombra,e tamén na clase fixemos un semilleiro de chícharos para transplantar no invernadoiro.


martes, 15 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA E PAPEL MACHÉ.
 Aproveitando que se celebrou a  Semana da prensa,fixemos na clase un experimento...Deixamos por un tempo a pintura e adicámonos a escultura e o reciclado.Rachamos papeis de xornais en anacos moi pequenos,con gran disgusto de algún ao que lle estropeamos a lectura,e batimos coa minipimer a pasta resultante mesturada con auga. Así, co papel maché podemos facer figuras e tamén outra sorpresa..pero iso xa queda para a volta das vacacións... CONTINUARÁ.
MARCHA DE LEO.
 Esta semana pasada,tamén marchou Leo Coméndez,da clase de Xoán.Vaise para Canarias a vivir.Boa sorte,Leo!

CUMPLES DE YERAI E SIRA.

Erte mes andamos con moitos aniversarios.Esta semana tocóulles a Yerai,da clase de Susana ,e a Sira,da clase de Xoán.Parabéns aos dous!

lunes, 7 de marzo de 2016

PEQUENOS GRANXEIROS.

 Como xa se achega a primaveira,aínda que non o parezca,empezamos a semana coa plantación de amorodos no invernadoiro do cole,para o que tivemos a colaboración dos nen@s de 5 anos da casiña.Agora toca esperar.

jueves, 3 de marzo de 2016

CUMPLE DE DANIELA.


Pouco a pouco,@s nen@s da clase vanse facendo maiores. Onde quedou Setembro!
Hoxe tocoulle a Daniela, que xa ten catro anos. Parabéns Daniela!

miércoles, 2 de marzo de 2016

DEBUXO LIBRE.

Como xa vos daredes decatado,o martes na clase de Xoán e o xoves na de Susana,temos Plástica coa profe Eva ,polo que aproveitamos para pintar con pincel e témpera.Quedábanos para ser completamente autónomos na técnica,usar correctamente o pincel e lavalo con auga para non pasarnos de impresionistas...
CONTOS DE PRIMARIA.

 Xa desde outubro,os nenos de cuarto e sexto de Primaria,veñen a contarnos un conto na hora do Plan Lector,despois do recreo.Como vedes estamos moi atentos,despois veñen as preguntas...

martes, 1 de marzo de 2016

CUMPLEANOS DE MARTÍN. Neste mes de marzo temos moitos aniversarios.Hoxe,tocoulle a Martín ,que xa ten catro anos!Parabéns!!

domingo, 28 de febrero de 2016

PANADEIROS.

Para rematar esta semana tan intensa, non se nos ocurriu mellor idea que poñernos a cociñar.Xa podedes comprobar que fame,non pasamos.


miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE  ROSALÍA.

Hoxe, no cole celebramos o Día de Rosalía,facendo un video coa poesia "Eu cantar,cantei" e tamén saímos ao patio cando escampou para cantala ,levando na man a flor que fixemos na clase cos cartóns de papel hixiénico.
CUMPLEANOS DE DARÍO E LUIS.

Esta semana cumpliron os catro anos os maiores da clase. Felicidades aos dous e grazas aos pais polas larpeiradas.

lunes, 22 de febrero de 2016

CONCERTO ARCOS IRIS.

O venres pola mañá,viñeron o grupo de corda Arcos Iris da Orquesta Sinfónica para darnos un recital aos nen@de infantil do Ceip Ría do Burgo e do CRA de Culleredo no ximnasio.Estivemos moi atentos  ao que nos tocaron.
TARTARUGAS E PEIXES...

Como non hai mellor xeito que ver as cousas ao natural,estudiando os réptiles e os peixes,Dani e Gael trouxeron as suas mascotas para que as viramos.
MURAL DE ELMER.

Seguimos a traballar cos contos e cancións de animais,o tema do proxecto deste trimestre,e esta semana tocoulle ao conto de Elmer,o elefante de cores.Decidimos facer un mural para decorar a clase.
CUMPLES DE RUBÉN E SOFÍA.

Esta semana celebramos os cumpleaños de Rubén e Sofía.Parabéns aos dous.

viernes, 5 de febrero de 2016

SEMANA DO ENTROIDO.

Por fin chegou o día esperado,por nós e polos profes,viñemos disfrazados de esquiadores para non pasaren frío  no pavillón, e xa de paso aproveitamos, e antes tivemos unha enchenta.
Agradecer aos pais e nais a orixinalidade amosada nos disfraces dos pequerrechos., e tamén o participar na semana do Meco e traer as  larpeiradas.
Aí vai unha escolma de fotos de ensaios de coreografía,disfraces,comilonas...Bó Entroido e descansade.
Grazas por todo.

martes, 2 de febrero de 2016

O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL.

Como estamos a estudiar os animais no proxecto do trimestre,na hora do conto atopamos na biblioteca o libro "O  artista que pintou un cabalo azul" de Eric Carle, e decidimos poñernos mans a obra como artistas que somos, e pintar nós tamén animais de outras cores diferentes as habituais.
PAPAVENTOS DO DÍA DA PAZ.
Como xa teredes notado,estas dúas semanas estivemos moi atarefados e estresados con celebracións e festividades varias.
 Comencemos polo principio : o 29 de Xaneiro celebramos no cole o Día da Paz,e para iso fixemos e decoramos un Papaventos.
 Outra cousa e que voara...disto non hai constancia gráfica.

jueves, 21 de enero de 2016

 A ARAÑA HACENDOSA.

Aproveitando o tema dos animais,escoitamos o conto da Araña Hacendosa de Eric Carle, e en plástica coa profe Eva de axudanta, fixemos esta obra de arte con arxila,pipas dos chinos e por suposto,témpera.
OS ANIMAIS.

Como xa vos informamos pola aplicación do móbil,estamos a traballar este trimestre o proxecto dos Animais,polo que vos agradecemos a colaboración co material e persoal que nos queirades aportar para
a nosa investigación.
Esperamos a vosa axuda.
Susana e Xoán.
CUMPLES DE GAEL HEVIA E ADRIÁN FERNÁNDEZ.
 En xaneiro cumpliron na clase de Susana os catro anos ,Gael e Adrián. Son os maiores de tres anos! FELICIDADES!!

martes, 12 de enero de 2016

MESTURA DE CORES II.

 Continuamos coa pintura ,para non perder o costume.Esta semana fixemos a cor laranxa, a do mandilón...
REGALOS DOS REIS MAGOS DE ORIENTE.

Cando viñemos de vacacións tiñamos unha sorpresa,os Reis Magos deixárannos unhos agasallos na entrada da clase...

Cumples de marzo.

 4 anos 5 anos Sabela da clase da profe Uxía e Elian,Daniela e Meghan da clase do profe Xoán.